TURISMO
Dende o 2010, a Tropa Korriban ten organizado e participado en multitude de eventos arredor do da saga de Star Wars, entre os que destacan visitas solidarias a hospitais infantís, desfiles en festas e outros eventos lúdicos e culturais. No 2013 organizou o segundo desfile de Star Wars en Santiago, neste caso para celebrar o 30 aniversario de O retorno do Jedi.
Neste terceiro desfile celebrarase o 40 aniversario da estrea da primeira película da saga de Star Wars, que se proxectou por primeira vez no 1977 e coa que George Lucas comezou a crear un universo con millóns de seguidores en todo o mundo.
Para esta conmemoración, a Tropa Korriban convocará a asociacións e fans de Star Wars de toda España e doutros países, así como ao público en xeral, con caracterizacións dos distintos personaxes da saga de películas e o seu universo expandido. O evento incluirá unha homenaxe á figura da actriz Carrie Fisher, que encarnou á Princesa Leia.
Deste xeito, os membros da Tropa Korriban e de moitos outros colectivos de fans, desfilarán polas rúas do Casco Histórico de Compostela caracterizados como os personaxes dos filmes de George Lucas. Trátase dun evento lúdico, sen ánimo de lucro, e que conta co apoio do Concello de Santiago. Todas as persoas que desexen participar poden atopar máis información en: www.imperialstormtroopers.es.
Santiago de Compostela acollerá un novo desfile dos Imperial Stormtroopers o vindeiro 27 de maio
31/01/2017 A concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada dos representantes da Tropa Korriban, Manuel Ángel Gayoso e Andrés Torreiro, presentaron no Pazo de Raxoi o desfile que terá lugar polas rúas de Santiago e que rematará na praza do Obradoiro o próximo 27 de maio.
O 21 de maio do 2010, Santiago acolleu o seu primeiro desfile de Star Wars, con motivo do trinta aniversario de O Imperio Contrataca. Un grupo de persoas organizou aquel evento, que foi un éxito de participación con máis de 20.000 asistentes. A partires daquel evento naceu a Tropa Korriban, asociación de fans de Star Wars de Galicia.Dende o 2010, a Tropa Korriban ten organizado e participado en multitude de eventos arredor do da saga de Star Wars, entre os que destacan visitas solidarias a hospitais infantís, desfiles en festas e outros eventos lúdicos e culturais. No 2013 organizou o segundo desfile de Star Wars en Santiago, neste caso para celebrar o 30 aniversario de O retorno do Jedi.