CONSORCIO
En 2008 gañou o Concurso Internacional de Dirección de Orquestra promovido pola Orquestra de Cadaqués. E foi finalista do VI Concurso Internacional de Dirección "Grzegorz Fitelborg" en Katowice (Polonia).
Dúas versións da obra "Pelléas e Mélisande"
O concerto comezará con Pavana para unha infanta defunta, do compositor francés Maurice Ravel (1875-1937), escrita cando o autor contaba tan só 24 anos de idade. É, xunto ao seu Bolero, unha das súas pezas máis coñecidas. Fai referencia a unha danza que se bailaba nas cortes españolas durante o Renacemento. Segundo os estudiosos, esta obra tenta evocar a elegancia propia dunha recepción cortesá, así como o grácil movemento dunha princesa española, unha infanta, mentres realiza as delicadas piruetas da danza, que simula os movementos dun pavo real.
A continuación o público terá a oportunidade de gozar con Pelléas e Mélisande, que o finlandés Jean Sibelius (1865-1957) compuxo para a estrea londiniense da obra homónima do dramaturgo Maurice Maeterlinck, que trata do amor prohibido e maldito dos seus protagonistas. Daquela os músicos tocarán a Suite Pelléas e Mélisande de Gabriel Fauré, que o francés escribiu máis tarde para a mesma obra teatral. O concerto concluirá coa Sinfonía nº 3 de Sibelius.
O director polaco Michal Nesterowicz dirixirá a Real Filharmonía este xoves
30/01/2017 A orquestra achegará ao público obras de Ravel, Sibelius e Fauré no concerto semanal de abono do xoves 2 de febreiro, que terá lucar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o mestre polaco Michal Nesterowicz.
Nesterowicz é na actualidade o director titular da Orquestra Sinfónica de Tenerife e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Basilea. É demandado en todo o mundo polas súas interpretacións dinámicas e elocuentes do repertorio sinfónico. Dirixe con frecuencia en España, Portugal, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Suíza, Polonia, Alemaña, Austria, Suecia, República Checa, Holanda, Dinamarca, Luxemburgo, Nova Zelandia, Estados Unidos, Brasil e Singapur.En 2008 gañou o Concurso Internacional de Dirección de Orquestra promovido pola Orquestra de Cadaqués. E foi finalista do VI Concurso Internacional de Dirección "Grzegorz Fitelborg" en Katowice (Polonia).