ALCALDÍA
No encontro participan os principais expertos en biopsia líquida, unha técnica cuxa xeneralización suporá un antes e un despois na loita contra o cancro. De feito, Oncomet acaba de por en marcha unha campaña de micromecenado neste ámbito, recentemente presentada.
O alcalde inaugura o II Simposio de Biopsia Líquida
27/01/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu en San Martiño Pinario o acto de inauguración do II Simposio de Biopsia Líquida, que se celebra en Santiago este venres e mañá sábado. Uns 300 expertos e expertas de todo o Estado reúnense por segunda vez na cidade, pioneira na implantación desta técnica oncolóxica.
Este II Simposio de Biopsia Líquida é un punto de encontro de referencia no Estado para coñecer a realidade e as últimas novidades relativas á oncoloxía de precisión. Os investigadores do Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (ONCOMET), do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, liderados polo doutor Rafael López, son os responsables de organizar este foro, que pon á sanidade galega na vangarda da investigación contra o cancro.No encontro participan os principais expertos en biopsia líquida, unha técnica cuxa xeneralización suporá un antes e un despois na loita contra o cancro. De feito, Oncomet acaba de por en marcha unha campaña de micromecenado neste ámbito, recentemente presentada.