ALCALDÍA
Jadiya Hamdi valorou esta solidariedade co pobo saharauí e agradeceu a boa acollida do alcalde e do Concello de Santiago. Ademais, explicou a actual situación de tensión que se vive no Sáhara, sobre a que Martiño Noriega mostrou a súa preocupación, condenando unha vez máis "a represión diaria que sofre o pobo saharauí".
Martiño Noriega recibiu en Raxoi a ministra de Cultura saharauí, Jadiya Hamdi
27/01/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi. A dirixente, que estivo acompañada do delegado saharauí para Galicia, Alali Emboiric Mohamed e de representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, está de visita oficial en Galicia, en donde está a manter contactos con diferentes respresentantes autonómicos e municipais.
Tras o encontro, o alcalde volveu reiterar a "solidariedade" e o "recoñecemento dos dereitos do pobo saharauí" e mostrou a disposición do Concello a seguir colaborando coas súas institucións. En particular, na xuntanza falouse sobre as posibilidades de cooperación en materia cultural.Jadiya Hamdi valorou esta solidariedade co pobo saharauí e agradeceu a boa acollida do alcalde e do Concello de Santiago. Ademais, explicou a actual situación de tensión que se vive no Sáhara, sobre a que Martiño Noriega mostrou a súa preocupación, condenando unha vez máis "a represión diaria que sofre o pobo saharauí".