XUNTA DE GOBERNO
Á espera de que se celebre a nova mesa de contratación, acordouse manter vixente o contrato declarado nulo para que a UTE Ferrovial Servicios e Ferroser Servicios Auxiliares continúe coa xestión do servizo mentres non se resolva a nova adxudicación.
Tamén hoxe, a Xunta de Goberno acordou o cumprimento da sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Santiago, relativa á construción do parque comarcal de bombeiros de Salgueiriños, para abonar á construtora Extraco 1.018.205,39 euros. O alcalde lembrou que, despois desta primeira sentenza, "o Concello recibiu outra sobre o mesmo caso que obriga a pagar a Extraco tamén o IVE, e está pendente de clarificar se o tipo que se ten que aplicar é o 18 ou o 21 por cento".
Sanción á concesionaria do mantemento do túnel do Hórreo
A proposta do concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia, a Xunta de Goberno acordou impoñerlle á empresa Kapsch Trafficom Transportation, S.A. unha sanción de 3.005,06 euros pola infracción de carácter grave cometida na execución do seu contrato. Tal e como quedou demostrado, a empresa incumpriu a obriga recollida no prego técnico de verificar as tomas de terra das instalacións con telurómetro cada tres meses.
Outros acordos
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a achega do Concello á Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras (Uninova) por un importe de 2’0.609 euros. Ademais, deulle o visto bo á sinatura dun convenio coa USC para o programa de formación, difusión e promoción do voluntariado, a participación social e a cooperación na comunidade universitaria, ao que o Concello aporta 10.000 euros.
En materia de obras, acordouse a suspensión temporal parcial das zonas da fase III de Vista Alegre afectadas polo retranqueo dunha liña de media tensión e pola execución das obras do túnel na rúa Noia, e ampliouse o prazo para o resto da obra ata o 27 de marzo de 2017.
A proposta da Alcaldía, a Xunta de Goberno acordou nomear unha comisión técnica para o control da execución do contrato de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas. O alcalde lembrou que esta concesión a Viaqua remata en 2019, e sinalou que "é preciso facer un control exhaustivo do servizo, de cara á decisión que se adopte sobre a súa xestión".
Por último, na Xunta de Goberno de hoxe aprobouse o pago de bolsas de comedor e de actividades extraescolares do mes de decembro, polos importes de 28.781,34 e 6.210,05 euros respectivamente.
Unha nova sentenza anula a concesión, en 2013, do servizo de limpeza e conserxería dos colexios
30/12/2016 A Xunta de Goberno deu conta hoxe dunha nova sentenza chegada ao Concello de Santiago, que anula os acordos adoptados no ano 2013 para a adxudicación do servizo de limpeza, conserxería e control das instalacións dos centros públicos de educación infantil e primaria. O fallo, ditado polo Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago, obriga a retrotraer o procedemento para volver a valorar as ofertas presentadas nunha mesa de contratación.
O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que esta non é a primeira sentenza que anula adxudicacións feitas en mandatos anteriores. Esta decisión xudicial súmase "á anulación da concesión do servizo de telefonía, das escolas infantís, e do servizo de ORA e guindastre". Ademais, vense engadir á longa lista de sentenzas con custo económica para o Concello, polas que se estima que haberá que pagar 3,5 millóns de euros.Á espera de que se celebre a nova mesa de contratación, acordouse manter vixente o contrato declarado nulo para que a UTE Ferrovial Servicios e Ferroser Servicios Auxiliares continúe coa xestión do servizo mentres non se resolva a nova adxudicación.