DEPORTE
O proxecto consiste nunha serie de reformas en acabados e renovación de elementos que permitirán mellorar o estado actual das bancadas e a incorporación de pasamáns, varandas e asentos que facilitarán o acceso e o uso do recinto. Na zona da cuberta farase un repaso para localizar as zonas de entrada de auga e revisaranse canlóns, remates perimetrais, ancoraxes da estrutura, comprobación de parafusos, galvanizados, etc.
Revisaranse tamén as vigas de madeira e as que están situadas nos extremos. Ao tratarse dos elementos máis expostos, serán as que reciban un tratamento máis intenso. Farase unha limpeza da fachada e dos muros laterais da bancada, completándose co posterior pintado e tratamento da parte superior.
Villestro
O Concello tamén acometeu obras de ampliación da cuberta da bancada e de acondicionamento das dependencias de conserxería e almacéns no campo de fútbol municipal de Villestro. Este investimento xa foi executado e rematou o pasado 23 de decembro e incluíu a ampliación da cuberta existente, incrementando a súa protección contra a climatoloxía tanto da choiva como do sol, conseguindo un espazo nas bancadas cun funcionamento máis eficiente.
Creouse tamén un espazo de control e conserxería situado na propia bancada totalmente dotado e habilitáronse dous almacéns independentes para dar servizo tanto aos usuarios da instalación como para o propio material municipal. En conclusión, realizáronse as actuacións máis necesarias e demandadas polos propios usuarios e persoal do recinto, emendando deste xeito as deficiencias máis importantes cun investimento de 31.500 euros.
Restollal e Vite
Ademais, acondicionáronse as pistas de parqué en dous pavillóns, o do Restollal e o de Vite, cruciais para a cidade, cun volume de usuarios moi importante, a maior parte deles vinculados á práctica de deportes de patín. As superficies de parqué de ambos recintos precisaban dunha actuación importante para mellorar as súas prestacións e condicións.
Esta intervención consiste no acoitelado da pista mediante máquinas lixadoras de gran potencia e saneamento posterior de todas as madeiras danadas polo uso, e o vernizado da mesma. Inclúe tamén o pintado dos campos de xogo e a rotulación do anagrama do Concello de Santiago no círculo central.
Nesta semana rematará a obra do pavillón de Vite, estando previsto actuar no pavillón do Restollal a partir do luns 2 de xaneiro.
Fontiñas
No polideportivo das Fontiñas están programadas dúas actuacións diferentes. A primeira é a obra de solución das patoloxías pola entrada de auga na cuberta do recinto, que ten un orzamento de 37.386 euros e que está previsto que remate a principios de xaneiro. A segunda obra consistirá no acondicionamento dun local como ximnasio, cun orzamento de 57.319 euros. O inicio destes traballos está previsto para principios de xaneiro.
Habilitarase dentro da instalación un novo espazo de uso deportivo, tipo ximnasio, totalmente dotado para a práctica de actividades que non precisan dun espazo convencional (baile, ximnasia adaptada, ioga, etc.). Con esta nova dotación dáselle un carácter polideportivo a un recinto que é referente na cidade.
Esta obra suporá a instalación dun chan específico deportivo de tarima de madeira, a colocación de cortinas e vidro acústico para maior intimidade, así como a dotación de maquinaria para o acondicionamento de aire interior do ximnasio. Actuarase nunha superficie de 128 metros cadrados.
O Concello acomete obras en cinco instalacións deportivas municipais por importe de 165.000 euros
28/12/2016 A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou as obras que se están a acometer en cinco instalacións deportivas municipais con cargo ao remanente de tesourería do 2016, que suman un investimento de 165.313 euros. Segundo indicou, "trátase de facer fronte ás deficiencias que presentan as instalacións deportivas municipais dende hai anos e que cómpre ir solucionando".
Con cargo a remanentes elaborouse o proxecto de obra para a reforma da cuberta e as bancadas do campo de fútbol municipal das Cancelas. "Contamos xa co proxecto -avanzou a concelleira- para unha actuación de 52.642 euros que se acometerá con cargo aos orzamentos de 2017".O proxecto consiste nunha serie de reformas en acabados e renovación de elementos que permitirán mellorar o estado actual das bancadas e a incorporación de pasamáns, varandas e asentos que facilitarán o acceso e o uso do recinto. Na zona da cuberta farase un repaso para localizar as zonas de entrada de auga e revisaranse canlóns, remates perimetrais, ancoraxes da estrutura, comprobación de parafusos, galvanizados, etc.