TURISMO
Esta visita inclúese dentro do Plan de Acción 2016 de Área Santiago, e está financiada coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a realización de actividades de promoción do turismo nos xeodestinos Terras de Santiago e Deza-Tabeirós.
Os concellos de Área Santiago visitan A Veiga para coñecer a súa experiencia en turismo fluvial
30/11/2016 Un grupo de representantes dos Concellos de Área Santiago visitaron esta semana o municipio de A Veiga para coñecer de primeira man as experiencias deste Concello en turismo fluvial, especificamente en pesca fluvial. Esta visita enmárcase dentro do obxectivo de posicionar a Área Santiago como un destino turístico de pesca fluvial, aproveitando os múltiples recursos cos que contan os concellos do grupo.
O motivo de escoller A Veiga foi que ese concello ten coñecementos e experiencia sobre turismo fluvial, e nomeadamente pesca fluvial, ademais de que está a traballar nun modelo de territorio turístico que pode ser moi interesante para moitos concellos de Área Santiago, no que se aposta polo fomento das rutas de sendeirismo ou a certificación da calidade do ceo a través do selo Starlight, entre outros proxectos que buscan incidir nun turismo sostible e de calidade.Esta visita inclúese dentro do Plan de Acción 2016 de Área Santiago, e está financiada coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a realización de actividades de promoción do turismo nos xeodestinos Terras de Santiago e Deza-Tabeirós.