ACCIÓN CULTURAL
O Festival de Berlín outorgou tamén o seu Oso de Prata a Saura en dúas ocasións (por La caza e Peppermint frappé). E Cannes recoñeceuno co Gran Premio do Xurado en 1976 por Cría cuervos e co Premio á Contribución Artística por Carmen en 1983, película coa cal Saura abriu unha nova vía no seu cinema, a do paso da España negra -que retomaría en Goya en Burdeos, Taxi ou El séptimo día- á beleza da música popular, o flamenco, o tango, o fado. En 1990, con Ay, Carmela, o cineasta obtivo o maior número de Goyas recibido por unha película na historia destes premios.
Co premio a Saura na súa 30ª edición, Cineuropa quere reivindicar a palpitante vixencia do discurso político do cinema de Carlos Saura e a necesidade de que as xeracións novas coñezan e se acheguen á súa obra, excepcional e subversiva. Carlos Saura sumarase con este premio a directores españois como José Luís Guerín, Bigas Luna, Albert Serra, Jaime Rosales, Vicente Aranda, Fernando Trueba, Oliver Laxe ou José Luis Borau, receptores do tributo do festival en edicións anteriores.
O director Carlos Saura recibirá o Premio Cineuropa na súa 30ª edición
31/10/2016 Carlos Saura, o director máis relevante da historia do cinema español xunto ao tamén aragonés Luis Buñuel, recibirá o próximo 26 de novembro o Premio Cineuropa Especial na 30ª edición do festival compostelán. Saura, de 84 anos, continúa en plena actividade creativa e, como proba diso, tras a cerimonia de entrega do premio proxectarase Zonda, a película na que aborda a música popular arxentina e que se presentou na Mostra de Venecia. O Festival de Cine Cineuropa celébrase do 8 ao 27 de novembro.
A obra de Saura, na súa vertente dramática, conforma un dos legados máis valiosos do cinema político realizado baixo calquera ditadura. Películas como La caza, Peppermint frappé, El jardín de las delicias, Ana y los lobos, La prima Angélica e Cría cuervos, realizadas durante o réxime franquista, compoñen un corpus dun valor artístico só equiparable á coraxe cívica do seu autor na conformación da súa mirada sobre unha "España negra". Xa na Transición, Saura alargaría o seu cinema como alegoría do proceso político español en curso con Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años. E daría o salto á narración directa das convulsións daquel país en cambio con Deprisa, deprisa, obra coa que gañaría o Oso de Ouro da Berlinale en 1981.O Festival de Berlín outorgou tamén o seu Oso de Prata a Saura en dúas ocasións (por La caza e Peppermint frappé). E Cannes recoñeceuno co Gran Premio do Xurado en 1976 por Cría cuervos e co Premio á Contribución Artística por Carmen en 1983, película coa cal Saura abriu unha nova vía no seu cinema, a do paso da España negra -que retomaría en Goya en Burdeos, Taxi ou El séptimo día- á beleza da música popular, o flamenco, o tango, o fado. En 1990, con Ay, Carmela, o cineasta obtivo o maior número de Goyas recibido por unha película na historia destes premios.
Co premio a Saura na súa 30ª edición, Cineuropa quere reivindicar a palpitante vixencia do discurso político do cinema de Carlos Saura e a necesidade de que as xeracións novas coñezan e se acheguen á súa obra, excepcional e subversiva. Carlos Saura sumarase con este premio a directores españois como José Luís Guerín, Bigas Luna, Albert Serra, Jaime Rosales, Vicente Aranda, Fernando Trueba, Oliver Laxe ou José Luis Borau, receptores do tributo do festival en edicións anteriores.