MOCIDADE
7 películas en 7 parroquias
A proxección de Aríns será a cuarta dunha serie de sete, noutras tantas parroquias compostelás. O ciclo Cine Espallado xa pasou neste outono a Aríns, Villestro e Marrozos e chegará nas vindeiras semanas á Peregrina, Figueiras e Vista Alegre, co obxectivo de descentralizar a oferta cultural de Compostela e animar os veciños e veciñas do ámbito urbano a coñecer o rural do municipio a través do cine. Cada unha das proxeccións, todas elas de balde, é presentada por un persoeiro de Santiago.
O Cine Espallado chega este mércores á Lavacolla
31/10/2016 O vindeiro mércores, 2 de novembro, realizarase a cuarta das proxeccións do ciclo Cine Espallado, unha iniciativa do Colectivo Barriopía financiada polo Concello de Santiago a través do programa piloto dos Orzamentos Participativos 2015, na área de Mocidade. Esta vez a proxección será no Centro Sociocultural de Lavacolla, ás 20:00 horas.
Carlos Pereiro "Carlangas", guitarrista e cantante de Novedades Carminha, será o encargado de presentar o filme La mantanza caníbal de los garrulos lisérgicos, unha película dirixida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo, que conta no seu reparto con Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Julián Hernández, César Strawberry, Belén Negreira, Mamen Rivera, Marcos Taboas e Teté Delgado.7 películas en 7 parroquias