COMERCIO
Ao Mercado poderán acceder gratuitamente todos os interesados que cumpran os requisitos fixados nas Bases de Participación, accesibles dende aquí e dende a do Departamento de Comercio. Entre os requisitos figuran estar legalmente constituídos, cumprir as normativas vixentes en materia laboral e de venda polo miúdo e estar ao día das súas obrigas tributarias. Para participar deberán presentar unha solicitude de participación antes das 19:00 horas do vindeiro 15 de novembro.
Criterios de selección
A selección de participantes realizarase tendo en conta criterios como a idoneidade e carácter de Nadal dos produtos á venda; calidade das materias primas, innovación e acabado dos produtos; o feito de seren producidos en Galicia e de xeito artesanal; a localidade sede da razón social dos solicitantes; e o beneficio conxunto do Mercado canto á variedade de produtos a expoñer.
O Mercado organízase internamente en 6 quendas de 5 días de duración, conseguíndose así unha elevada rotación de postos e produtos á venda, en beneficio do público asistente. Os interesados poderán solicitar unha, varias ou todas as quendas. Os solicitantes non seleccionados pasarán a formar parte dunha lista de espera que se utilizará para cubrir as baixas ou cancelacións.
O horario de apertura ao público do Mercado será de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a venres; e de 11:00 a 21:00 horas (horario ininterrompido) os sábados e domingos, agás certas datas que terán horarios especiais. O 24 e o 31 de decembro de 11:00 a 18:00 horas; o 25 de decembro e o 1 de xaneiro de 18:00 a 21:00 horas; e o 5 de xaneiro de 11:00 a 21:00 horas, todas elas en horario ininterrompido.
As persoas interesadas poderán solicitar a información complementaria que precisen en: comercio@santiagodecompostela.org ou en mercadonadal@versalscq.com. O teléfono é 981 555 920.
O Mercado de Nadal celebrarase este ano en Carreira do Conde
28/10/2016 Xa está aberta a convocatoria para que os e as comerciantes, artesáns/ás e produtores/as interesados/as poidan presentar as súas solicitudes para participar no Mercado do Nadal. A terceira edición deste evento terá lugar en Carreira do Conde, e contará cunha duración maior, xa que irá dende o 3 de decembro ata o 5 de xaneiro.
O Mercado contará con 14 postos de venda instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade. Óptase por mudar o emprazamento a Carreira do Conde por considerarse que se trata dun espazo idóneo canto ás súas condicións (rúa peonil) e localización nun lugar céntrico e doadamente accesible por parte do público visitante.Ao Mercado poderán acceder gratuitamente todos os interesados que cumpran os requisitos fixados nas Bases de Participación, accesibles dende aquí e dende a do Departamento de Comercio. Entre os requisitos figuran estar legalmente constituídos, cumprir as normativas vixentes en materia laboral e de venda polo miúdo e estar ao día das súas obrigas tributarias. Para participar deberán presentar unha solicitude de participación antes das 19:00 horas do vindeiro 15 de novembro.