POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción en Raxoi aos peregrinos e peregrinas de Feafes Galicia
30/09/2016 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e outros integrantes da Corporación recibiron un grupo de peregrinos e peregrinas da Federación Galega de Saúde Mental, (Feafes Galicia).
A deste 2016 foi a sétima edición dunha actividade na que participaron uns 50 peregrinos e peregrinas, entre os que se atopan persoas con problemas de saúde mental, monitores e un pequeno grupo de familiares. O percorrido comezara o mércores en Salceda (O Pino) e o itinerario, que se correspondía co último tramo do Camiño Francés, abarcou máis de 28 quilómetros.