ALCALDÍA
Martiño Noriega súmase á celebración do Día Internacional das Persoas Maiores
30/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou hoxe no acto organizado por Afundación para celebrar o Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora mañá 1 de outubro.
O rexedor achegouse ao photocall instalado no centro da entidade na rúa Carreira do Conde, onde puido conversar con algunhas das persoas maiores que se sumaron á iniciativa. O alcalde tamén se fotografou cunha das mensaxes confeccionadas polos socios e socias dos diferentes centros de Afundación.