ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Borja Golán tras o seu novo título coa Selección Galega
30/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Borja Golán, que con Galicia vén de gañar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Squash, xunto con Carlos Cornes, Pascal Gómez e Miguel Mercé. Suma así outro novo éxito ao seu palmarés, tras o seu tamén recente título de campión de Europa.
Martiño Noriega e outros membros da Corporación conversaron uns minutos co deportista, quen entregou ao alcalde a camiseta coa que competiu con Galicia neste último torneo de seleccións autonómicas.