ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Womex busca mozos e mozas (de espírito, a idade non importa) que falen inglés de xeito fluído, que lles guste a música e que conten cunha mínima dispoñibilidade horaria durante os días do evento.
Os voluntarios e as voluntarias realizarán labores de apoio á organización tales como preparar, estruturar e achegar información aos/ás asistentes, guiar a músicos e participantes, complementar os labores de atención ao público, etc. O coñecemento da cidade é tamén un valor engadido.
Inscrición
Os/as interesados/as deben inscribirse no Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC, situado na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (rúa das Casas Reais, 8, 15782. Santiago de Compostela). Non é preciso ser alumno/a da USC, pero de selo, este voluntariado servirá tamén para obter recoñecemento académico. Máis información na web do SEPIU.
Para calquera dúbida, pode enviarse un correo electrónico á dirección info.womex16@nordesia.com.
Womex
Womex é o maior encontro mundial de world music, que inclúe unha feira profesional, uns 60 showcases (concertos), e atrae a uns 2.800 delegados e 1.260 empresas de máis de 90 países, entre os que hai 800 programadores, máis de 500 selos, editores e distribuidores, así como máis de 300 xornalistas (e 130 emisoras de radio). Ademais, tamén acolle un DJ Womex Summit; conferencias e mentoring a cargo de 80 oradores e mentores de máis de 25 países; proxeccións de filmes, etc.
Womex’16 encherá de novo Compostela de música do 19 ao 23 de outubro nos seguintes espazos:
- Womex Day: feira profesional na Cidade da Cultura, daycases, premios, conferencias, networking, filmes, encontros profesionais...
- Womex Night: uns 60 showcases, así como unha programación de cine celebraranse durante tres noites en diferentes espazos da Cidade Vella: praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio Abanca, Numax e Sala Capitol.
Womex’16 está apoiado polo Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e INAEM, entre outras institucións, ademais de Mahou.
Womex busca voluntarios e voluntarias
31/08/2016 Womex, a maior feira internacional de world music, busca voluntarios e voluntarias que queiran ser parte deste evento, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de outubro.
Os voluntarios/as de Womex poderán asistir a máis de 50 concertos e outras actividades, coñecer artistas, xornalistas e xente do mundo da música de máis de 100 países. Ademais coñecerán como funciona por dentro un evento internacional destas características.Womex busca mozos e mozas (de espírito, a idade non importa) que falen inglés de xeito fluído, que lles guste a música e que conten cunha mínima dispoñibilidade horaria durante os días do evento.