DEPORTE
Os/as adultos/as partirán do Obradoiro ás 22:30 horas para percorrer un circuíto de 5,5 quilómetros polas rúas dos casco histórico. Antes, ás 21:45 e 22:00 horas, xa terán saído as categorías escolares 1 (benxamín-alevín) e 2 (infantil-cadete), que afrontarán un circuíto de 1,2 e 2,5 quilómetros, respectivamente.
Premiarase aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no circuíto, así como aos tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (premios non acumulativos). Cómpre lembrar que esta é a derradeira oportunidade de participar na modalidade de circuíto, tanto individualmente como en equipos. Ademais destes premios, haberá outras sorpresas, como animación e un baile previo ao inicio das probas no que se formulará un reto ás persoas participantes.
A CorreSan Nocturna Cidade Vella está incluída no V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago e tamén no IV Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Modificacións no tráfico
A carreira dos/das adultos/as (dende as 22:30 horas) sairá da praza do Obradoiro, continuando por Fonseca, Praterías, rúa do Vilar, Porta Faxeira, Alameda (circuíto), Porta Faxeira, Bautizados, praza do Toural, Cantón do Toural, rúa Nova, Conga, praza de Feixóo, Preguntoiro, praza de Cervantes, Acibechería, Dúas Portas, San Francisco, e Obradoiro, comenzando a segunda volta co mesmo percorrido, rematando na praza do Obradoiro. As categorías escolares farán só o percorrido da praza do Obradoiro, rúa do Vilar e rúa Nova, para finalizar de novo no Obradoiro.
Para facilitar o desenvolvemento da carreira pecharase ao tráfico a zona de Porta Faxeira a partir das 22:00 horas, de forma que os vehículos procedentes de Galeras serán desviados por Poza de Bar, e os que veñan de Xoán Carlos I terán que continuar cara a praza de Galicia. Ademais, durante a proba estará cortado dende a rúa San Francisco o acceso á praza do Obradoiro.
Unhas 1.200 persoas participarán na CorreSan Nocturna Cidade Vella
31/08/2016 Xa está todo listo para a celebración da cita estrela do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan, a proba nocturna polo casco histórico compostelán. Será este sábado, 3 de setembro, con saída e chegada na praza do Obradoiro. A día de hoxe xa hai máis de 800 inscritos/as, pero a previsión é que a participación estea en torno ás 1.200 persoas.
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, ofreceu os detalles da CorreSan Nocturna e animou á participación nunha proba que cualificou como a "máis atractiva e multitudinaria" do Circuíto de Carreiras Saudables. Ademais, nesta ocasión prevese que acompañe a meteoroloxía.Os/as adultos/as partirán do Obradoiro ás 22:30 horas para percorrer un circuíto de 5,5 quilómetros polas rúas dos casco histórico. Antes, ás 21:45 e 22:00 horas, xa terán saído as categorías escolares 1 (benxamín-alevín) e 2 (infantil-cadete), que afrontarán un circuíto de 1,2 e 2,5 quilómetros, respectivamente.