IGUALDADE
A concelleira de Igualdade explicou que o Concello destina a estas axudas unha partida de 20.000 euros. Cada asociación poderá optar a un máximo de 2.500 euros, e poderá ser subvencionado o 100% da actividade. A axuda poderase solicitar para accións levadas a cabo dende o 1 de xaneiro de 2016 ata finais de novembro, e o prazo para facelo irá do 1 ao 15 de setembro.
O Concello abre as subvencións de Igualdade a todo tipo de asociacións de Santiago
31/08/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero. Marta Lois salientou que, por vez primeira, todas as asociacións de Santiago de Compostela que desenvolvan as súas actividades no termo municipal poden optar a estas axudas, que ata agora se limitaban ás asociación de mulleres.
A convocatoria, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, ten como obxectivo contribuír ao financiamento de actividades en prol da igualdade, o empoderamento das mulleres e a prevención e loita contra a violencia de xénero. Así, poden ser subvencionadas actividades como obradoiros de igualdade, fomento da corresponsabilidade, accións relacionadas coa saúde da muller, campañas a prol do xoguete non sexista, ou actividades que fomenten a participación social das mulleres. Tamén son obxecto desta convocatoria accións de formación e información sobre a violencia de xénero, incluídas as que se realicen ao abeiro de efemérides como o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.A concelleira de Igualdade explicou que o Concello destina a estas axudas unha partida de 20.000 euros. Cada asociación poderá optar a un máximo de 2.500 euros, e poderá ser subvencionado o 100% da actividade. A axuda poderase solicitar para accións levadas a cabo dende o 1 de xaneiro de 2016 ata finais de novembro, e o prazo para facelo irá do 1 ao 15 de setembro.