CONVIVENCIA

O Concello pon en marcha medidas para evitar os atascos na contorna de La Salle

29/08/2016 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, que dirixe Xan Duro, vén de poñer en marcha unha serie de medidas para evitar os problemas de tráfico na contorna do Colexio La Salle. Neste punto víñanse rexistrando importantes atascos nas horas de entrada e saída das aulas, por mor das moitas nais e pais que estacionaban os seus vehículos en dobre fila para deixar e recoller os seus fillos e fillas.

Despois das reunións celebradas coa dirección do Colexio La Salle e cos representantes da ANPA, o Concello optou por buscar un acordo para que as nais e pais poidan estacionar no aparcadoiro de La Salle de xeito gratuíto e por un máximo de 15 minutos, o tempo preciso para deixar ou recoller aos nenos e nenas. Nestes días estase sinalizando a zona na que queda prohibido aparcar, e ao mesmo tempo, incrementarase o control da Policía Local para evitar o estacionamento en dobre fila.

Compartir: