ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
Reunión cos veciños
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, ten previsto manter unha reunión cos veciños e comerciantes da zona para darlles conta das incidencias rexistradas nas obras de Montero Ríos. A xuntanza celebrarase o 1 de setembro a petición dos afectados, posto que no mes de agosto son moitos os interesados en asistir á reunión que non estaban na cidade.
O Goberno local tramita unha ampliación do prazo das obras de Montero Ríos
26/08/2016 O Goberno local está tramitando unha prórroga das obras de humanización da rúa de Montero Ríos, que deberán estar rematadas o 14 de novembro. O alcalde deu conta deste novo prazo, e explicou que o atraso que acumulan os traballos "responde, fundamentalmente aos problemas rexistrados coa canalización das redes de servizos, en particular de R".
Martiño Noriega sinalou que o Goberno local "decidiu no seu momento demorar o inicio das obras dez días para non entorpecer a campaña de Nadal nunha rúa tan comercial como Montero Ríos". A partir de aí, rexistráronse diverxencias entre os datos base do proxecto e a realidade da obra no que tiña que ver coas redes de saneamento e de gas. Por último, o plan de obra viuse alterado por problemas coas canalizacións das redes de servizos.Reunión cos veciños