ALCALDÍA

O alcalde recibiu os representantes veciñais con motivo dos fogos de fin de festa

31/07/2016 Un ano máis e seguindo a aposta do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibiron este domingo no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do tecido asociativo para presenciar os fogos fin de festa do Apóstolo.

A esta recepción estaban convidados integrantes das asociacións veciñais de Santiago de Compostela. Despois da recepción, todos os convidados puideron presenciar dende a terraza do Pazo de Raxoi os fogos de fin de festa do Apóstolo, que se lanzaron dende o Campus Sur.

Do espectáculo pirotécnico encargouse a empresa Focs d´artifici Europlá, a mesma que desenvolveu o espectáculo da noite do 24 de xullo. O fin de festa tivo 20 minutos de duración, nos que se lanzaron case 3.700 artefactos pirotécnicos. Os fogos artificiais estiveron acompañados dunha banda sonora para a que se seleccionaron temas de todos os estilos e todas as épocas.

Compartir: