FESTAS

Carlos Blanco e Luis Davila pecharon con moito humor unha xornada das festas do Apóstolo engalanada polo traxe galego

30/07/2016 As rúas de Compostela enchéronse un Apóstolo máis do colorido das indumentarias tradicionais galegas, no XXXVII Día do Traxe Galego. E para rematar a xornada festiva, Carlos Blanco e Luis Davila fixeron rir ao público que encheu a praza da Quintana co seu Menú do día.

A xornada de enxalzamento do traxe comezou co desfile dende a Alameda ata a praza do Obradoiro. Logo, a comitiva foi recibida no Pazo de Raxoi pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e outros integrantes da Corporación.

Pola tarde houbo un novo desfile dende Bonaval para rematar na praza da Quintana. Alí celebrouse a exhibición, concurso de traxes e entrega de premios.

Menú do día
Despois do Día do Traxe e acondicionada a praza da Quintana, foi a vez para o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila, que presentaron o seu espectáculo Menú do día, unha montaxe na que Luis Davila se encarga de debuxar, en directo, as tiras cómicas que relata Carlos Blanco, e todo iso aderezado coa música composta por Xosé Manuel Budiño ou Kepa Junkera. O público non deixou de rir e aplaudir durante todo o espectáculo.

Compartir: