FESTAS
Ben distinto é o estilo musical do que poderán gozar os que se acheguen a Vite a partir das 20:00 horas. Alí celebrarase o Serán de Hip Hop 2016, con nada menos que dez actuacións previstas. Polo escenario pasarán Ninjah Monkeys (o dúo formado por Erin e Dj Mil), ElSoed, Rendi Nue, Alba G, Olímpicos, Pablo Tr3s, Introspectores, Peter Rock, Gata Cattana e Suite Soprano.
Pero a primeira cita na axenda musical será ás doce do mediodía na praza das Praterías, onde actuará a Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo, dirixida por Moncho López Couso. Por último, ás doce da noite comezará na Alameda a actuación da orquestra Tamarindos.
Fogos fin de festa
Como é tradicional, o Apóstolo rematará cos fogos fin de festa, lanzados dende o Campus Sur. Do espectáculo pirotécnico encargarase a empresa Focs d´artifici Europlá, a mesma que desenvolveu o espectáculo da noite do 24 de xullo.
O espectáculo fin de festa terá 20 minutos de duración, nos que se lanzarán case 3.700 artefactos pirotécnicos. Os fogos artificiais irán acompañados dunha banda sonora para a que se seleccionaron temas de todos os estilos e todas as épocas.
Roi Casal e música hip hop para pechar as festas do Apóstolo 2016
30/07/2016 A última xornada das festas do Apóstolo estará protagonizada pola música, e haberaa ademais para todos os gustos. E para rematar a edición deste ano, os tradicionais fogos artificiais de fin de festa.
O concerto central do día será ás 22:00 horas, na praza da Quintana e novamente con entrada libre. Trátase da actuación de Roi Casal, enmarcada na rede cultural da Deputación da Coruña. O músico, que iniciou a súa carreira en solitario en 2009 despois de 10 anos vinculado a Milladoiro, presentará en Compostela o seu disco Son galego, son cubano. Nel, Roi Casal utiliza as letras do escritor Xosé Neira Vilas.Ben distinto é o estilo musical do que poderán gozar os que se acheguen a Vite a partir das 20:00 horas. Alí celebrarase o Serán de Hip Hop 2016, con nada menos que dez actuacións previstas. Polo escenario pasarán Ninjah Monkeys (o dúo formado por Erin e Dj Mil), ElSoed, Rendi Nue, Alba G, Olímpicos, Pablo Tr3s, Introspectores, Peter Rock, Gata Cattana e Suite Soprano.