ALCALDÍA
Martiño Noriega desexoulles sorte na nova etapa que se abre para eses 604 estudantes e rematou a súa intervención esperando que "todo ese talento e esforzo que amosastes estes anos teña retorno no noso país"
O alcalde participa da entrega de diplomas aos 604 mellores expedientes de bacharelato de toda Galicia
30/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta tarde ao Palacio de Congresos para participar do acto "A ponte entre o ensino medio e a Universidade" que cada ano organiza a USC e que presidiu o reitor, Juan Viaño.
Nese acto homenaxéanse aos 604 mellores expedientes de toda Galicia, entre os que se atopan alumnos e alumnas de centros das catro provincias galegas. Na súa intervención, o alcalde deulles a benvida a Compostela e parabenizounos "non só aos estudantes senón tamén as familias que están ao seu carón e ao sistema educativo e á educación pública, correctora de desigualdades sociais".Martiño Noriega desexoulles sorte na nova etapa que se abre para eses 604 estudantes e rematou a súa intervención esperando que "todo ese talento e esforzo que amosastes estes anos teña retorno no noso país"