TURISMO
A concelleira destacou a estreita relación existente entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, que se traduciu no último ano en diferentes accións e iniciativas. En concreto, sinalou a recente colaboración no novo programa de promoción das Festas de San Xoán como atractivo turístico, que reuniu a máis de 5.000 persoas no Mercado Tradicional e na Área Asardiñada que se instalaron na praza de Mazarelos entre o 23 e o 25 de xuño.
Unha das accións con maior éxito de San Xoán Santiago foi o Tren Cacharelo, que fixo un circuíto circular na noite do 23 unindo diferentes cacharelas da cidade. O tren fixo cinco viaxes, con 300 persoas en total, cubrindo o aforo máximo. Ademais, os distintos obradoiros sobre tradicións de San Xoán tiveron moi boa aceptación, con máis de 400 participantes.
Marta Lois enmarcou nesta liña de colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería a nova acción de decoración na rúa durante o verán, promovida dende a Administración local, e o programa Compostela Destino 5 Estrelas, promovido dende o sector privado, que ten o obxectivo de aumentar o atractivo turístico da cidade, en especial na primeira quincena de xullo.
Arredor da auga
A decoración das rúas é unha acción piloto que incluirá elementos decorativos tematizados arredor da auga, elemento central de Santiago, que estarán iluminados durante a noite. As dúas localizacións elixidas -costa da Camelia e o encontro das rúas Orfas, Caldeirería, Cardeal Payá e Tras Salomé-, seleccionáronse por ser zonas cun movemento importante de xente e permiten a instalación sinxela dos elementos decorativos. Ademais, estes puntos non se solapan coa colocación habitual da iluminación propia das festas.
Na costa da Camelia instalaranse máis de 50 paraugas transparentes serigrafiados con motivos vexetais e iluminados con micro-leds. No encontro das rúas Orfas, Caldeirería, Cardeal Payá e Tras Salomé, facendo alusión ao propio nome da Caldeirería, instalaranse máis de 100 caldeiros de diferentes cores, dos cales a metade estarán iluminados con lámpadas led. A primeira das instalacións, estará lista para 1 de xullo, e a segunda a partir do día 4, e manteranse, en principio, durante todas as Festas do Apóstolo.
Este novo programa de dinamización na rúa está promovido por Turismo de Santiago e conta coa colaboración do Departamento de Comercio. O proxecto conta tamén co financiamento da Axencia de Turismo de Galicia, dentro da liña de subvencións para as Festas de Interese Turístico Internacional de Galicia, que ten tamén o apoio de Abanca.
Compostela Destino 5 Estrelas
Pola súa banda, a presidenta da Asociación Hostelaría Compostela, Sara Santos, presentou o programa Compostela Destino 5 Estrelas para fomentar o incremento das pernoctacións na cidade na primeira quincena de xullo, no que colabora Turismo de Santiago. Sara Santos destacou que hai máis de 20 establecementos asociados a Hostalería Compostela participantes nesta iniciativa.
A promoción Compostela Destino 5 Estrelas inclúe gratuitamente: almorzo, visita guiada á zona monumental, visita guiada á Cidade da Cultura e acceso á exposición Con-fío en Galicia, acceso ao Museo Casa da Troia, unha "foto peregrina", unha torta de Santiago, unha visita a cidade no Tren Turístico, e a posibilidade de ver o botafumeiro na misa dos venres ás 19:30 horas.
Esta oferta é valida para as primeiras 500 persoas que reserven a súa estancia, durante un mínimo de dúas noites, en calquera dos establecementos participantes, entre o 1 e o 17 de xullo.
O Concello lanza un novo programa piloto para decorar as rúas durante o verán
30/06/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou unha nova acción municipal para dinamizar as rúas de Santiago durante o verán, e nomeadamente no mes "grande" da cidade, o mes de xullo, mediante elementos decorativos que se instalarán en dous puntos representativos tanto do Ensanche como do Casco Histórico: a costa da Camelia (Santo Domingo da Calzada) e o encontro das rúas Orfas, Caldeirería, Cardeal Payá e Tras Salomé.
Marta Lois estivo acompañada da presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, que presentou as liñas básicas do programa Compostela Destino 5 Estrelas, no que colabora Turismo de Santiago e que se desenvolverá entre o 1 o 17 de xullo co obxectivo de aumentar as pernoctacións na cidade antes da celebración das Festas do Apóstolo.A concelleira destacou a estreita relación existente entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, que se traduciu no último ano en diferentes accións e iniciativas. En concreto, sinalou a recente colaboración no novo programa de promoción das Festas de San Xoán como atractivo turístico, que reuniu a máis de 5.000 persoas no Mercado Tradicional e na Área Asardiñada que se instalaron na praza de Mazarelos entre o 23 e o 25 de xuño.