EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Melloras
O concelleiro destacou que neste verán se acometerán obras en todos os centros da cidade, incluíndo escolas unitarias e escolas infantís. Nas escolas infantís de Salgueiriños, Fontiñas e Conxo levarase a cabo a instalación de wifi en todas as aulas e de detectores de fume nas dependencias.
Entre as obras máis destacadas nos centros de infantil e primaria cómpre salientar a construción dunha cuberta no patio do Pío XII, o levantamento dunha pasarela no comedor das Fontiñas (que se levará a cabo por parte da Consellería de Educación), a reparación do faiado do Pío XII, un novo patio cuberto no Apóstolo Santiago ou nova carpintería metálica no Rodríguez Xixirei de Lavacolla.
A Concellaría de Educación e Cidadanía inviste 150.000 euros en reparacións e melloras nos centros públicos durante o verán
30/06/2016 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá o Plan de Obras que se acometerá durante o verán nos centros públicos de Santiago. En total, o Concello de Santiago destinará 150.000 euros para o plan de obras de verán, que se complementarán con máis dun millón de euros da Consellería de Educación para levar a cabo obras maiores dos centros, cuxa competencia é autonómica. Ademais investiranse arredor de 60.000 euros na mellora de varios parques infantís compostelás.
Manuel Dios destacou que se trata de "actuacións vitais e de carácter excepcional, froito da colaboración institucional entre o Concello e a Xefatura Territorial de Educación". Moitas desas melloras son "reivindicacións históricas dos centros públicos da nosa cidade".Melloras