ALCALDÍA

O alcalde despide ao xeneral comandante da Rexión Militar pola súa xubilación

31/10/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao xeneral comandante da Rexión Militar, Pedro Herguedas Carpio, quen deixa o seu cargo por xubilación. No encontro lembraron a colaboración mantida durante todos estes anos entre ámbalas institucións.

Sánchez Bugallo entregoulle uns agasallos e agradeceulle o seu labor á fronte da demarcación militar da Coruña e Lugo. Pola súa parte, Pedro Herguedas tivo palabras de gratitude co alcalde polo trato recibido de parte Concello e da cidade de Compostela.

Compartir: