EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listas provisionais de admitidos na Escola Municipal de Música e de vacantes no Seminario de Música Tradicional

31/05/2016 Finalizado o período de preinscrición para novo alumnado da Escola Municipal de Música para o curso 2016-2017, vén de publicarse a lista de admitidos provisionais.

O vindeiro 9 de xuño, unha vez finalizado o período de reclamacións, publicarase a lista de admitidos definitivos na Escola Municipal de Música para o vindeiro curso 2016/17.

Abrirase o período de matrícula para os compoñentes desta lista de admitidos definitiva do 10 ao 22 de xuño nas dependencias da Escola Municipal de Música. Os formularios de matrícula poden descargarse nesta web municipal, na da EMM (www.esmucompostela.es) ou solicitarse na Secretaría da propia Escola.

Vacantes no Seminario de Música Tradicional
Por outra parte, finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual do Seminario de Música Tradicional da Escola Municipal de Música para o curso 2016-2017, publícase a lista de prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.

Do 6 ao 20 de xuño é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición do novo alumnado do Seminario de Música Tradicional que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes existentes.

As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de preinscrición, que poden descargar nesta web, pedila na propia EMM ou directamente no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello, para unha vez cuberta entregala nos devanditos rexistros nos prazos establecidos.

Compartir: