ALCALDÍA

Santiago acollerá o VI Encontro Ibérico de Matemáticas do 6 ao 8 de outubro

30/05/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a decana da Facultade de Matemáticas, Victoria Otero Espinar.

O rexedor e a decana falaron do VI Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SMP, que reunirá en Santiago, do 6 ao 8 de outubro, a matemáticos españois e portugueses para abordar as últimas novidades en materia de investigación. Victoria Prego explicoulle a Martiño Noriega os detalles deste encontro e solicitou a colaboración municipal para o seu bo desenvolvemento.

Compartir: