MEDIO AMBIENTE
O xerente da empresa, José Antonio del Rey, explicou que este ano, como novidade, na limpeza do Sarela poderá participar calquera que o desexe. Só é preciso inscribirse a través do teléfono 981 561 555 (Ext.222), ou no correo electrónico santiago@viaqua-sa.es. A actividade comezará ás 12:00 horas.
Campaña de Ecovidrio
Tamén Ecovidrio quixo sumarse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, e elixiu Santiago para o seu acto central en Galicia, o mesmo 5 de xuño. A entidade vai instalar na praza Roxa un stand e un iglú. Os cidadáns que depositen nel un recipiente de vidro recibirán a cambio unha flor e unha bolsa con diverso material. Dende as 11:00 horas, na carpa estarán dous monitores para dar toda a información sobre a reciclaxe de vidro.
O xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, aproveitou para salientar que Compostela é a cidade galega que máis vidro recicla. O ano pasado foron 17 quilos por habitante, un 3,5 % máis que en 2014, e 65 envases por persoa. No conxunto de Galicia, a media de recollida está en 14,6 quilos por habitante e ano, mentres que a media estatal sitúase en 15,5 quilos.
Museo de Historia Natural
O Museo de Historial Natural dedicará o Día Mundial do Medio Ambiente a dar a coñecer a importancia que ten o solo para a vida na Terra. Para iso, o centro organizou un roteiro interpretativo pola Selva Negra, onde se poden observar distintos tipos de solo e ecosistemas seminaturais representativos do rural compostelán.
A actividade está aberta ao público en xeral, tanto adultos como nenos, e están previstas dúas quendas, unha ás 11 da mañá e outra ás cinco da tarde. A duración aproximada da ruta é de dúas horas. A actividade é de balde e aberta, pero recoméndase facer unha reserva previa no Museo de Historia Natural porque os grupos poderán estar integrados por un máximo de 30 persoas.
A directora do Museo de Historia Natural, María Isabel Fraga, explicou que o obxectivo da actividade é "amosar que o solo ten diferentes características, que son ecosistemas con partes minerais e partes orgánicas, e que sen solo non hai vida". A actividade está espertando moito interese, e de feito xa se fixeron máis de 40 reservas.
CIAC
En canto ao Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, en Belvís, vai organizar unha ximcana que percorrerá as diversas salas do centro dun xeito lúdico. Será o propio domingo 5 de xuño, de 11:30 a 13:30 horas. Durante a actividade amosaranse as interrelacións que temos coa auga, a enerxía, ou os residuos, dende unha perspectiva do consumo.
Paula Lubián, responsable do CIAC, explicou que a actividade permitirá "descubrir o que as familias saben de Santiago dende o punto de vista da ecoloxía urbana, amosar de onde vén e auga que consumimos e a onde vai despois, ou reflexionar sobre o consumo de enerxía que facemos dende que nos erguemos ata que nos deitamos. Na xincana poden participar familias con nenos e nenas maiores de 8 anos. As inscricións pódense facer a través do Facebook do Centro de Interpretación ou no correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.
Concurso de fotografía e modelado 3D
Tamén con motivo do Día do Medio Ambiente, a empresa Ferrovial, a Universidade de Santiago e o Concello colaboraron na convocatoria do concurso COMPOS3D, de modelado 3D a partir de fotografías,. No certame participaron estudantes de entre 14 e 17 anos, tutelados polos seus profesores; que presentaron traballos feitos con instrumentos tan familiares para eles coma un teléfono móbil, unha tablet ou un ordenador.
Ademais, Ferrovial, a USC e o Concello colaboran no concurso COMPOSfoto 2016, no que os estudantes tiñan que presentar unha fotografía relacionada co Medio Ambiente, O responsable de Ferrovial, Luis Incera, e o profesor da USC Juan Gómez aproveitaron a rolda de prensa de hoxe para amosar algúns dos traballos presentados aos dous concursos.
Consello Municipal de Medio Ambiente
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia aproveitou a rolda de prensa de hoxe para anunciar a convocatoria do Consello Municipal de Medio Ambiente, que se reunirá o próximo 8 de xuño por primeira vez en tres anos. Xan Duro explicou que un dos primeiros obxectivos é modificar o regulamento dese órgano para que poida integrar novos membros e estea máis aberto á cidadanía.
Actividades para toda a veciñanza no Día Mundial do Medio Ambiente
30/05/2016 O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello de Santiago ten preparado un amplo programa de actividades para conmemoralo. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe as accións previstas, que se desenvolverán en colaboración con Viaqua, Ecovidrio, Ferrovial, o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago.
A primeira actividade relacionada co Día do Medio Ambiente será a limpeza da canle do río Sarela, o próximo xoves día 1. Trátase dunha iniciativa de Viaqua, que quere concienciar á cidadanía da importancia de que o lixo non remate nos ríos, polo custo ambiental e enerxético que iso supón.O xerente da empresa, José Antonio del Rey, explicou que este ano, como novidade, na limpeza do Sarela poderá participar calquera que o desexe. Só é preciso inscribirse a través do teléfono 981 561 555 (Ext.222), ou no correo electrónico santiago@viaqua-sa.es. A actividade comezará ás 12:00 horas.