CASCO HISTÓRICO
As obras realizaranse tras un exhaustivo estudo previo do Consorcio, no que se consultou a información dos arquivos municipais sobre a pavimentación das rúas da cidade ao longo da súa historia. Esta actuación xorde con outro obxectivo, o de recuperar os canteiros de pedra. Nesta restauración e mantemento participarán os integrantes da Escola-taller de canteiros, que continuarán así a súa formación.
Case 272.000 euros para a restauración e mantemento dos enlousados de pedra no Casco Histórico
30/10/2006 O Goberno local aprobou o proxecto de restauración e mantemento dos enlousados de pedra da Cidade Histórica. Nesta actuación vanse investir 271.931 euros.
Estas primeiras obras afectarán á Praza da Inmaculada, ás rúas de Val de Deus, San Francisco, Acibechería e Troia, ao entorno do Hostal dos Reis Católicos e á Praza do Obradoiro. O obxectivo é que no futuro esta restauración se estenda a todo o Casco Histórico. Nestas actuacións, en ningún caso se realizarán escavacións ou movementos de terra de ningún tipo.As obras realizaranse tras un exhaustivo estudo previo do Consorcio, no que se consultou a información dos arquivos municipais sobre a pavimentación das rúas da cidade ao longo da súa historia. Esta actuación xorde con outro obxectivo, o de recuperar os canteiros de pedra. Nesta restauración e mantemento participarán os integrantes da Escola-taller de canteiros, que continuarán así a súa formación.