BENESTAR SOCIAL

A Concellaría de Benestar Social lanza varios programas de prevención das drogodependencias

30/10/2006 Previr as drogodependencias é o obxectivo de varios programas que vai por en marcha a Concellaría de Benestar Social. O Goberno local aprobou a adxudicación de tres iniciativas con este fin.

O primeiro dos programas é o denominado Cinensino, cun orzamento de 27.156 euros. O seu obxectivo é a educación en valores e está destinado a alumnos de Ensino Obrigatorio Primario (EPO) e de Ensino Obrigatorio Secundario (ESO).

Outra das iniciativas é o Programa de información e formación en prevención de drogodependencias para o curso 2006/2007, dirixido a alumnado de ESO. Esta actuación desenvolverase en 21 talleres, de catro sesións e de dúas horas lectivas. Impartiraos Chisem, a Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica e o orzamento é de 11.833 euros.

O terceiro dos programas é o de Prevención de drogodependencias a través do adestramento en habilidades sociais con adolescentes para o curso 2006/2007. A iniciativa responde á necesidade social que esta prevención ten na vida dos mozos e nas familias de Compostela.

Compartir: