EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e ábrese a preinscrición para novo alumnado

29/04/2016 Finalizado o prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2016-2017, veñen de publicarse das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.

Do 2 ao 20 de maio é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2016-2017, do que se achega documento.

As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de preinscrición, que poden descargar da web do Concello, pedila na propia EMM ou directamente no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello, para unha vez cuberta entregala no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello nos prazos indicados. Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación. É requisito imprescindible que a persoa solicitante figure empadroada no Concello de Santiago cunha antigüidade mínima de seis meses no momento da preinscrición.

Compartir: