CENTROS SOCIOCULTURAIS
A mostra reúne 18 obras, en formato mediano, realizadas en diversos soportes, como lenzo, táboa ou papel, e con diversas técnicas, como acrílicos, óleos ou técnicas mixtas.
Nolo Suárez
Natural de Compostela, Nolo Suárez realiza estudos na Escola de Artes e Oficios. Logo fai tamén cursos de debuxo, pintura e gravado. Ten participado en talleres diversos, foros e colectivos de arte e cultura como Anduriña, Ferradura, Anakos ou Expresións. Dende os anos oitenta expón, tanto individual como colectivamente, en distintos espazos.
O pintor compostelán Nolo Suárez expón este mes de abril no CSC de Conxo
31/03/2016 Este venres, 1 de abril, ás 19:30 horas, abrirase no Centro Sociocultural de Conxo a exposición Tempos cambiantes, do pintor compostelán Nolo Suárez. A mostra estará aberta ata o 30 de abril.
O proxecto expositivo Tempos cambiantes, de Nolo Suárez, fai referencia a unha serie de cambios que se están a producir nos últimos tempos, uns que afectan á natureza e o noso entorno, e outros que nos afectan como persoas e como sociedade.A mostra reúne 18 obras, en formato mediano, realizadas en diversos soportes, como lenzo, táboa ou papel, e con diversas técnicas, como acrílicos, óleos ou técnicas mixtas.