EDUCACIÓN
Un completo panel de dirixentes universitarios e profesores participan neste seminario, que ten por obxectivo reflexionar sobre as previsíbeis consecuencias nas Universidades Públicas de certas políticas que se estan deseñando no marco da Organización Mundial do Comercio (Acordo Xeral de Comercio de Servizos) e na Unión Europea (Proceso de Bolonia e Directiva Bolkestein).
Reivindicar a función social das Universidades públicas
O Rector da Universidade Complutense, Carlos Berzosa, o ex-rector da Universidade de Porto e director do CIPES, Alberto Amaral, xunto con vicerrectores da Universidade de Vigo e de A Coruña e un nutrido grupo de profesores da Universidade de Santiago de Compostela debatirán o fondo e o trasfondo do Proceso de Bolonia e as suas consecuencias para a organización do espazo univesitario, a penetración das empresas privadas de educación e a calidade da docencia e a investigación.
A preocupación pola función social da Universidade Pública como factor de cohesión social, progreso social, económico e cultural do país é un dos motivos que levaron á Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos a promover esta xornada, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e a Concellaría de Educación e Mocidade do Concello compostelán.
Os seus promotores parten da consideración de que a Universidade Pública desempeña un papel central na sociedade baseada no coñecemento e que ten que continuar desempeñandoo no futuro. Isto require unha continua adaptación aos novos tempos e ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, para consolidarse como servizo público esencial nunha economía baseada no coñecemento, cohesionada e progresiva.
Así mesmo os promotores advirten que algunhas propostas neoliberais que se están impulsando, primeiro desde Estados Unidos e agora tamén desde certas instancias da Unión Europea, están guiadas máis polo interese de certos grupos económicos, cun concepto da educación superior como un mercado lucrativo moi amplo e apetecíbel, que pola mellora real do servizo público. O obxectivo de abrir un mercado lucrativo e xerador de beneficios a curto prazo non é compatible co obxectivo de mellorar a calidade e as prestacións do servizo público de ensino superior.
Deste xeito o actual debate sobre o denominado Proceso de Bolonia estase quedando reducido aos aspectos máis superficiais e banais (crédito europeu, intercambios, etcétera), sendo preciso afondar na reflexión do trasfondo real das iniciativas que se están negociando tanto no ámbito educativo da UE (Bolonia, Espacio Europeo de Educación Superior) como nas negociación para a liberalización e privatización dos servizos públicos (Directiva Bolkestein, e Acordo de Comercialización de Servizos da OMC).
Seminario sobre as políticas neoliberais na Universidade Pública
14/05/2004 Baixo o lema "As políticas neoliberais para o ensino superior: os retos para a universidade pública" o Consello da Cultura Galega acollerá mañá, venres 15 de abril, un seminario que ten por obxecto reflexionar sobre a función social das Universidades públicas fronte aos intereses dun mercado do coñecemento que en ocasións antepón o lucro sobre o interese público.
Organizado polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Santiago, o seminario desenvolverase desde as 9.30 horas da mañá e ao longo de toda a xornada. A asistencia é libre e aberta.Un completo panel de dirixentes universitarios e profesores participan neste seminario, que ten por obxectivo reflexionar sobre as previsíbeis consecuencias nas Universidades Públicas de certas políticas que se estan deseñando no marco da Organización Mundial do Comercio (Acordo Xeral de Comercio de Servizos) e na Unión Europea (Proceso de Bolonia e Directiva Bolkestein).