PATRIMONIO

O III Ciclo de Cámara das Cidades Patrimonio chegará en maio a Santiago cun concerto na igrexa de San Domingos de Bonaval

29/02/2016 Esta mañá tivo lugar na sede da Fundación Albéniz en Madrid a renovación do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz/Escola Superior de Música Raíña Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Froito deste acordo de colaboración presentouse tras a firma o III Ciclo de Concertos Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Este ciclo levará de forma gratuíta para o público unha selección da mellor música de cámara a espazos históricos, civís e relixiosos, das 15 cidades españolas distinguidas pola como Patrimonio Mundial da UNESCO, que servirán de escenarios excepcionais para a celebración destes concertos de música de cámara. O evento chegará a Santiago o venres 6 de maio, cun concerto ás 20:00 horas na igrexa de San Domingos de Bonaval. O Cuarteo La Pampa, formado por Eva Rabchevska, Roxana Wisniewska, violíns; Cristina Cordero, viola; e Alejandro Viana, violonchelo, interpretará obras de W. A. Mozart, F, Schubert y F. J.Haydn.

Patrimonio e cultural musical
Con este ciclo, que combina patrimonio histórico español e cultura musical universal, favorécese o achegamento do público a estes lugares tan especiais das Cidades Patrimonio que, con esta actividade, suman á súa potente oferta cultural un activo máis e fomentan un turismo cultural de primeira orde.

A música de cámara, que para moitos comentaristas é o xénero onde a música alcanza a súa máxima expresión de calidade e emoción, será a protagonista da segunda edición deste ciclo que, en 2015 foi gozado por preto de 3.000 persoas. As agrupacións de cámara da Escola Superior de Música Raíña Sofía, considerada un dos centros de alta formación musical máis prestixiosos do mundo, interpretarán esta serie de concertos entre os meses de marzo e xuño. Os grupos seleccionadas pola Dirección Artística da Escola Reina Sofía de entre os mellores deste centro tocarán baixo diversas formacións, en dúo, trío con piano, cuarteto de cordas, cuarteto de piano, quinteto de piano e quinteto de ventos, e outras formacións mixtas.

Ademais da igrexa de San Domingos de Bonaval, este ano, os espazos seleccionados para albergar o ciclo son: as vatedrais de Ávila, Cáceres e Cuenca, a Sinagoga do Tránsito de Toledo, o Antigo Convento de Santo Domingo de San Cristóbal de la Laguna, a Igrexa de Santa Eulalia de Mérida, a Sala Refectori de Eivissa, o Convento de San Esteban de Salamanca, a Capela de San Ildefonso da Universidade de Alcalá, a Real Casa de Moeda de Segovia, a Igrexa da Madalena de Córdoba, o Palacio Canals de Tarragona, o Hospital de Santiago de Úbeda e a Igrexa de San Francisco de Baeza.

O concerto inaugural o ciclo celebrarase o sábado 12 de marzo na Catedral do Salvador de Ávila, a cidade que ostenta actualmente a presidencia do Grupo.

Compartir: