CONVIVENCIA
O novo camión está orzamentado en 350.000 euros, pero o Concello adquiriuno baixo o modelo de renting.
Nova autoescaleira a finais de ano
Xesús Martínez explicou que este novo camión vai substituír ao que se viña utilizando ata agora na zona vella, que dispón dun menor equipamento. Na actualidade, o servizo de extinción conta con 9 vehículos, cunha media de idade entre os 10 e os 14 anos. O xefe de Bombeiros explicou que "a vida útil destes camións pode chegar aos 20 anos, porque traballan moito tempo parados e non suman quilómetros".
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Servizo de Extinción de Incendios precisa dunha nova autoescaleira de 32 metros que substitúa á actual. A previsión é que este vehículo estea a dispor do corpo a finais de ano.
Os Bombeiros estrean un vehículo especialmente pensado para a zona vella
29/02/2016 O Servizo de Extinción de Incendios conta dende hoxe cun novo vehículo, especialmente pensado para ser utilizado na cidade histórica. Trátase dun camión dunhas dimensións máis reducidas do habitual, 7 metros de lonxitude, que facilitan o seu uso nas rúas da zona vella.
O vehículo foi presentado este mediodía na praza do Obradoiro. O xefe dos Bombeiros, Xesús Martínez, explicou que o camión está perfectamente equipado, e salientou que inclúe xa os elementos necesarios para soportar estruturas e unha bomba de alta presión "que permite utilizar unha menor cantidade de auga e polo tanto dana menos o patrimonio".O novo camión está orzamentado en 350.000 euros, pero o Concello adquiriuno baixo o modelo de renting.