ESPAZOS CIDADÁNS
O concelleiro de Espazos Cidadáns explicou que "a aprobación da ARI non significa que se poida acceder de xeito inmediato ás axudas". De feito, Jorge Duarte sinalou que as axudas que están recibindo os veciños de Vista Alegre foron tramitadas no ano 2012. O edil sinalou que as subvencións para a Área de Rehabilitación Integral de Vite deberán derivarse do Plan de Vivenda do Ministerio de Fomento para o período 2017-2020, polo que lle pediu ao Goberno central e á Xunta "que incrementen as partidas para estas subvencións, de xeito que poida axilizarse a execución das ARIS". Duarte insistiu en que "as obras incluídas nestes proxectos melloran sensiblemente a calidade de vida dos veciños, en moitos casos persoas de avanzada idade que non poden nin saír das súas casas porque non teñen ascensor".
Axudas
Segundo o actual Plan de Vivenda, os veciños das Áreas de Rehabilitación Integral poden solicitar subvencións de ata un máximo de 11.000 euros por vivenda e por dous conceptos diferentes. No caso de obras nas envolventes dos edificios, relacionadas coa eficiencia enerxética ou a reparación de cubertas, o Ministerio de Fomento subvenciona ata o 35% do gasto. No caso das obras para mellorar a accesibilidade, a axuda pode chegar ao 50%. En todo caso, Jorge Duarte advertiu que estas condicións poderían mudar no Plan de Vivenda 2017-2020.
O edil adiantou que o Concello está estudando a posibilidade de facer unhas achegas complementarias, que terían en conta o nivel de renda dos solicitantes. Trátase, segundo explicou o concelleiro, "de evitar que non se poidan levar a cabo as obras de mellora dun edificio porque algúns dos seus veciños non teñen recursos económicos para pagar a súa parte".
Jorge Duarte indicou que, mentres non se poden tramitar as subvencións, "as comunidades de veciños deben realizar os estudos previos e empezar a encargar os proxectos que queiran executar nos seus bloques, para ir axilizando os prazos". Pola súa banda, o Concello seguirá traballando nas operacións de planeamento que lle corresponden.
ARI de Pontepedriña
O concelleiro de Espazos Cidadáns aproveitou para anunciar que o Concello está traballando nun estudo de detalle da ARI de Pontepedriña, un documento imprescindible para que se poidan instalar ascensores pola parte exterior dos edificios. Jorge Duarte sinalou que ata o de agora non se fixera ese traballo, "que permitirá mellorar a accesibilidade das vivendas, na súa maioría de pequeno tamaño e que se verían moi afectadas pola instalación de elevadores no interior dos bloques".
Jorge Duarte reclama máis axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral
26/02/2016 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe dos pasos a seguir despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo aprobara a declaración do barrio de Vite como Área de Rehabilitación Integral. Jorge Duarte adiantou que a próxima semana se reunirá cos veciños da zona, para explicarlles o que supón esta designación e as axudas ás que poderán optar para mellorar as súas vivendas.
A ARI de Vite aféctalle a un total de 1.263 vivendas. As obras previstas permitirán mellorar a súa accesibilidade, habitabilidade e eficiencia enerxética, a través de renovación de fachadas, mellora dos illamentos ou instalación de ascensores. A declaración da Área de Rehabilitación Integral tamén engloba os espazos públicos do barrio, e neste caso actuarase fundamentalmente en melloras da accesibilidade peonil.O concelleiro de Espazos Cidadáns explicou que "a aprobación da ARI non significa que se poida acceder de xeito inmediato ás axudas". De feito, Jorge Duarte sinalou que as axudas que están recibindo os veciños de Vista Alegre foron tramitadas no ano 2012. O edil sinalou que as subvencións para a Área de Rehabilitación Integral de Vite deberán derivarse do Plan de Vivenda do Ministerio de Fomento para o período 2017-2020, polo que lle pediu ao Goberno central e á Xunta "que incrementen as partidas para estas subvencións, de xeito que poida axilizarse a execución das ARIS". Duarte insistiu en que "as obras incluídas nestes proxectos melloran sensiblemente a calidade de vida dos veciños, en moitos casos persoas de avanzada idade que non poden nin saír das súas casas porque non teñen ascensor".