XUNTA DE GOBERNO
A maiores, o rexedor lembrou que se encargaron dous informes, un sobre a subrogación do persoal de Setex Aparkisa e o outro sobre a viabilidade económica da municipalización. Noriega entende que no apartado económico "non haberá demasiadas dificultades para levar a cabo o proceso, porque as contas de Tussa están saneadas e os servizos de grúa e ORA dan beneficios".
En canto ao persoal, o alcalde recoñece que "será a parte máis complexa dunha posible municipalización, que segue sendo a vontade do Goberno local". Martiño Noriega sinalou que mentres se realizan eses informes, os departamentos implicados están a estudar "posibles melloras no servizo, por exemplo na maquinaria da ORA".
Sentenza sobre as escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno tamén deu conta hoxe dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 23 de decembro de 2015, que anula a adxudicación das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas á empresa Clece, aprobada pola Xunta de Goberno do 5 de setembro de 2013. O fallo obriga a retrotraer o procedemento de licitación dese contrato ao momento no que foi excluída indebidamente a empresa Sermasa, cuxa oferta terá que ser agora estudada nunha nova mesa de contratación.
O alcalde explicou que se está estudando a situación creada por esta sentenza, que chega cando está a punto de expirar a prórroga do contrato con Clece para a xestión das dúas escolas infantís municipais. Martiño Noriega expresou as súas dúbidas sobre os efectos prácticos do fallo, que "podería acabar cunha reclamación patrimonial ao Concello".
Outros acordos
O Executivo local aprobou hoxe o Proxecto de Ordenanza de Transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos, que seguirá sendo tramitada ata o seu sometemento á consideración do Pleno da Corporación. Esta ordenanza responde á obriga das Administracións Locais de adaptárense á Lei 19/2013 de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
O alcalde explicou que o prazo para facer esa adaptación remataba en decembro de 2015, pero "no Concello de Santiago, ao igual que na maioría das administracións locais, non se deron pasos de abondo nese sentido entre 2013 e 2015". O modelo de ordenanza proposta polo goberno compostelán é semellante ao que está a seguir a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga da instalación da pista de xeo situada na Alameda, ata o 14 de febreiro. A empresa responsable terá que pagar un canon de 1.410 euros. Ademais, o executivo acordou o prazo para formular as solicitudes de concesión de uso das hortas de Caramoniña, A Almáciga e Brañas de Sar. Ese período irá do 5 de febreiro ao 5 de marzo, ambos incluídos.
Prorrogado por seis meses o contrato con Setex Aparkisa, mentres se estuda a municipalización da ORA
29/01/2016 A Xunta de Goberno aprobou hoxe a prórroga, por un período máximo de seis meses, do contrato con Setex Aparkisa S.A. para a xestión dos servizos de ordenación, regulación e aparcamento na vía pública; e a retirada, traslado e depósito de vehículos. É a segunda prórroga deste contrato, despois da aprobada hai tres meses, cando se tivo coñecemento da sentenza xudicial que anulaba a concesión da grúa e a ORA.
O alcalde explicou que esta medida é necesaria para continuar cos estudos de cara a posible municipalización do servizo. Martiño Noriega lembrou que xa se deron algúns pasos nese camiño, coma "o cambio de obxecto social da sociedade municipal Tussa para que poida asumir eses servizos". Esa modificación foi introducida nos estatutos, e ratificada no último pleno da Corporación.A maiores, o rexedor lembrou que se encargaron dous informes, un sobre a subrogación do persoal de Setex Aparkisa e o outro sobre a viabilidade económica da municipalización. Noriega entende que no apartado económico "non haberá demasiadas dificultades para levar a cabo o proceso, porque as contas de Tussa están saneadas e os servizos de grúa e ORA dan beneficios".