FESTAS
A inscrición para o desfile-concurso formalizarase na Concellaría de Festas (Teatro Principal - rúa Nova, 21) ata as 14:00 horas do luns 8 de febreiro. Pode obterse máis información no teléfono 981 542 347, no fax 981 542 348 ou a través da dirección electrónica tprincipal@santiagodecompostela.gal, ademais de no propio Teatro Principal.
Premios
Haberá varias categorías de participación: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. Os elixidos como gañadores polo xurado repartiranse 12.200 euros en premios.
Na categorías de carrozas, a primeira clasificada levará 3.000 euros, polos 2.000 e 1.000 que se concederán á segunda e terceira clasificada, respectivamente. As tres mellores comparsas levarán 2.400, 2.000 e 1.000 euros. Os premio para os grupos serán de 800, 400 e 200 euros, mentres que os tres disfraces individuais máis orixinais serán agasallados con 300, 200 e 100 euros. Ademais, haberá premios especiais para as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios do municipio, cunha dotación económica de 1.200, 600 e 400 euros.
Aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Entroido
28/01/2016 Xa está aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Entroido 2016, que terá lugar o martes 9 de febreiro. Repartiranse 16.000 euros en premios.
O tradicional desfile do martes de Entroido está aberto a todas as asociacións, barrios, comunidades, colexios e persoas que o desexen. Comezará ás 17:30 horas na Estación do Ferrocarril, seguindo o seguinte itinerario: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Unha vez rematado o desfile as carrozas aparcarán na avenida de Coruña e as comparsas participantes irán ao paseo central da Alameda.A inscrición para o desfile-concurso formalizarase na Concellaría de Festas (Teatro Principal - rúa Nova, 21) ata as 14:00 horas do luns 8 de febreiro. Pode obterse máis información no teléfono 981 542 347, no fax 981 542 348 ou a través da dirección electrónica tprincipal@santiagodecompostela.gal, ademais de no propio Teatro Principal.