DEPORTE
Adxudicadas as 22 prazas para a Campaña de Esquí 2016 en Leitariegos (León)
28/01/2016 A Concellaría de Deporte realizou o sorteo para a adxudicación das 22 prazas outorgadas a Santiago de Compostela pola Deputación da Coruña para a Campaña de Esquí 2016. Os rapaces e rapazas agraciados, de entre 10 e 14 anos, estarán na Estación Invernal de Leitariegos (León) do 6 ao 11 de marzo.
Os participantes pasarán cinco días nesta estación invernal, na que recibirán clases de esquí. Nesta quenda, os rapaces e rapazas de Santiago convivirán con outros dos municipios de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.