CONSORCIO
A continuación a RFG achegará ao público o Concerto para trompeta "Nach Vivaldi" de Johann Sebastian Bach (1685-1750), ao que o xenial Beethoven referíase coma "o pai da orixinal harmonía". Esta obra será interpretada polo trompetista valenciano Luís González Martí.
Martí cursou os seus estudos superiores de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Valencia e continuou a súa formación en París e Suecia. Foi trompetista na Orquestra Sinfónica de Baleares "Ciutat de Palma", trompeta solista na Orquestra Sinfónica de Madrid e profesor de trompeta no Conservatori Superior de Música do Liceu en Barcelona. Con frecuencia é convidado por importantes orquestras como a Mahler Chamber Orchestra e a Orquestra do Royal Concertgebouw de Ámsterdam. Na actualidade colabora como primeiro trompeta coa Orquestra de Cadaqués e é profesor de trompeta no Centro Superior de Música do País Vasco.
Sinfonía nº 2 de Beethoven
Os concertos concluirán coa Sinfonía nº 2 de Beethoven (1770-1827), que a escribiu cando estaba a experimentar os primeiros síntomas da súa xordeira, e aínda así a obra desprende unha gran enerxía, beleza e vitalidade. Empezaba a buscar unha linguaxe persoal e diferente á hora de expresar as súas ideas musicais. Os críticos da época dixeron que a composición tiña moito poder, pero cualificárona de excéntrica.
Charla previa co público
Antes da celebración do concerto do venres en Santiago, os asistentes á cita musical terán a oportunidade de participar nun encontro previo co director Pedro Neves e co violinista principal da RFG, James Dahlgren. A charla celebrarase ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia Convers@ndo con, que promove a RFG antes de cada actuación, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase asistir a este encontro presentando a entrada do concerto.
O concerto deste venres da Real Filharmonía retransmitirase en directo por streaming
28/01/2016 A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Mañá venres, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Este último concierto retransmitirase en directo por streaming a través da web da RFG (www.rfgalicia.org) e das redes sociais (Facebook e Twitter). En ambas actuacións levará a batuta o mestre portugués Pedro Neves, director titular da Orquestra Clásica de Espinho e director convidado da Orquestra Gulbenkian de Lisboa.
Os concertos comezarán coa abertura de L´Hôtellerie Portugaise, do compositor italiano Luigi Cherubini (1760-1842). É unha ópera cómica, na que o autor describe a atmosfera dunha pousada na fronteira entre España e Portugal.A continuación a RFG achegará ao público o Concerto para trompeta "Nach Vivaldi" de Johann Sebastian Bach (1685-1750), ao que o xenial Beethoven referíase coma "o pai da orixinal harmonía". Esta obra será interpretada polo trompetista valenciano Luís González Martí.