NADAL
O Concello de Santiago organizou xunto coa Federación Galega de Atletismo esta San Silvestre de Santiago de Compostela, continuando co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no IV Circuíto de Carreiras Saudables, rematado o 10 de outubro.
Verbena galega para despedir o ano
Rematada a carreira, comezaron os preparativos na propia praza do Obradoiro para o espectáculo de música en galego de despedida do 2015 e benvida ao 2016. Baixo o lema "A festa de sempre como nunca a viches", o Concello preparou máis de cinco horas de celebración con música, baile e moito humor.
Este ano quixo actualizarse o concepto de verbena, ofrecendo unha nova proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro, na música de baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, reggae…
A Verbena Galega ten dous denominadores comúns: a lingua galega e a fusión da festa tradicional coa moderna. Dous grupos galegos amenizarán esta festa: Os d'Abaixo" e "O Sonoro maxín". O picadiscos Bigote Mix pechará o evento, presentado pola actriz Isabel Risco.
A festa celebrarase na praza do Obradoiro a partir das once e cuarto da noite, cunha pausa ás 12 da noite para as badaladas. Repartiranse 1.000 bolsiñas de cotillón e 1.000 de uvas para os e as primeiras que cheguen.
A San Silvestre reuniu a máis de 2.000 corredores nas rúas compostelás
31/12/2015 A terceira edición da San Silvestre de Santiago foi todo un éxito, coa participación de máis de 2.000 corredores e corredoras entre adultos e escolares. Esta cifra de inscritos supón case dobrar a participación de 2014, consolidando a proba compostelá no calendario destas tradicionais carreiras do último día do ano.
A carreira, con saída e chegada na praza do Obradoiro, foi de novo unha sá e festiva maneira de rematar o ano. Así, numerosos participantes vestiron variadas e chamativas indumentarias para percorrer os catro quilómetros que este ano tivo a proba.O Concello de Santiago organizou xunto coa Federación Galega de Atletismo esta San Silvestre de Santiago de Compostela, continuando co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no IV Circuíto de Carreiras Saudables, rematado o 10 de outubro.