VIVENDA
A OCiHR vén completar os servizos emprendidos desde a posta en marcha do Plan de protección e rehabilitación da Cidade histórica, ampliando competencias e institucionalizando un servizo de interese preferente para a conservación do patrimonio. Así mesmo, Sánchez Bugallo indicou que esta nova oficina traballará "en rede" co Consorcio no fomento da rehabilitación.
A OCiHR está situada na praza de Cervantes, no edificio que durante os sécalos XVI e XVII funcionou como sede do Consistorio da Cidade. Trátase dun edificio recén rehabilitado para usos públicos e recuperado dentro do propio proceso de patrimonialización que o goberno local está a promover.
Funcións e ámbitos
Os obxectivos concretos que rexerán o funcionamento desta nova oficina son a xestión e a tramitación das solicitudes de licenzas urbanísticas, de expedientes de protección da legalidade urbanística e expedientes sancionadores, de ordes de execución, de ruína e de axudas á rehabilitación.
Ademais, elaborará e executará os proxectos de actuacións singulares en espazos públicos, coordinará as actuacións promovidas por outros organismos e realizará estudos específicos relativos ao patrimonio cultural. Por último, porá en valor e promocionará o patrimonio cultural, así como as novas áreas de rehabilitación.
O Plan xeral de ordenación urbana delimita os ámbitos nos que actúa a OCiHR. Deste xeito, ademais dos servizos vinculados coa Cidade Histórica, a OCiHR tamén será un referente para a tramitación das iniciativas relativas aos plans especiais do Camiño de Santiago, do Sar, do Sarela e do Campus Universitario.
A Oficina de Rehabilitación e Casco Histórico ábrelles as súas portas aos composteláns
23/02/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentaron a nova Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación (OCiHR).
A nova Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación (OCiHR) nace co obxectivo de reforzar a protección, conservación e rehabilitación da Cidade Histórica, así como para estender e integrar na política de protección e rehabilitación ámbitos que se articulan arredor do casco vello da cidade. Así llo explicaron aos medios en rolda de prensa o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.A OCiHR vén completar os servizos emprendidos desde a posta en marcha do Plan de protección e rehabilitación da Cidade histórica, ampliando competencias e institucionalizando un servizo de interese preferente para a conservación do patrimonio. Así mesmo, Sánchez Bugallo indicou que esta nova oficina traballará "en rede" co Consorcio no fomento da rehabilitación.