ACCIÓN CULTURAL

Eme2 Producións presenta "Jim e a illa do tesouro" dentro da programación de Nadal

29/12/2015 Eme2 Producións presenta Jim e a illa do tesouro, un espectáculo de monicreques e actores, dentro da programación de Nadal. Será este mércores 30 de decembro, a partir das 19:00 horas, no Teatro Principal. A representación está dirixida a nenos e nenas de 5 anos en diante e ten unha duración de 60 minutos.

O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará. O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á illa do tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e pode mercarse unha entrada familiar de catro localidades por 15 euros (é dicir, catro localidades ao prezo de tres). Poden comprarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Compartir: