ALCALDÍA
Este Belén pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas. Este 24 e o 31 de decembro e o próximo 6 de xaneiro, a igrexa estará aberta de 11:00 a 19:00 horas, mentres que o 25 de decembro e o 1 de xaneiro, o horario será de 18:00 a 21:00 horas. Na véspera de Reis, o 5 de xaneiro, as visitas serán de 11:00 a 21:00 horas.
Mercado de Nadal
No seu percorrido, o alcalde achegouse tamén aos postos do Mercado de Nadal, na nave 5 da Praza de Abastos que comeza mañá coa súa cuarta quenda. Dentro dos novos postos inclúense 5 de alimentación, 18 de decoración e agasallos e 4 de bixutería e xoiería. Así, substitúense algúns dos que están a formar parte desta terceira quenda, onde atopamos postos de alimentación, decoración floral, decoración de Nadal, cosmética natural, artesanía en coiro, xoiería e agasallos.
En total son 58 os postos que haberá dentro desta edición do Mercado de Nadal, contribuíndo a engalanar a nave 5 da Praza de Abastos e a dinamizar a zona no período navideño. O Mercado abre de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas. Os horarios son diferentes en días especiais: 24 de decembro, de 11:00 a 19:00; 25 de decembro, de 18:00 a 21:00; 31 de decembro, de 11:00 a 19:00; 1 de xaneiro, de 18:00 a 21:00; e 5 de xaneiro, de 11:00 a 21:00 horas.
Efecto Proximidade
Martiño Noriega tamén asistiu ao concerto que Marcos Teira e os Flamencos do Milladoiro ofreceron no mercadiño de Salgueiriños no marco de Efecto Proximidade, unha proposta de actividades promovida polo Concello e organizada por aCentral Folque para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade.
Durante a mañá sucedéronse as actividades artísticas para lecer dos asistentes habituais e especiais que se achegaron ata o mercado. Primeiro foi unha regueifa con Luís Caruncho e Alba María, e logo organizouse unha chocolatada popular.
Para rematar a xornada festiva, celebrouse o concerto Flamenco puro, con Marcos Teira e os Flamencos do Milladoiro. Marcos Teira estivo á guitarra, Iria Peña ao cante e os músicos Moisés Fernández e e Isaías Monteiro estiveron á percursión e ao baile, respectivamente.
Visita aos Bombeiros e á Policía Local
Martiño Noriega quixo desexarlles un bo Nadal ao persoal de Bombeiros e da Policía Local do Concello e saudou un a un a todos os que estaban a facer quenda neste día de Noiteboa. Estivo acompañado polo concelleiro de Convivencia, Xan Duro.
Martiño Noriega sumouse á programación do Nadal e felicitou as festas a Bombeiros e Policía Local nas horas previas á Noiteboa
24/12/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou o Belén artesanal da igrexa de San Fiz e o Mercado de Nadal da Praza de Abastos. A continuación, asistiu ao concerto Flamenco puro, celebrado no mercadiño de Salgueiriños dentro da proposta dinamizadora Efecto Proximidade.
Martiño Noriega aproveitou o día de Noiteboa para visitar o Belén tradicional da Igrexa de San Fiz de Solovio, recentemente restaurada polo Consorcio. Martiño Noriega destacou "o gran traballo artesanal do seu creador, Pepe Uzal" e invitou "a toda a veciñanza a achegarse a esta zona da cidade". Dende que se abriu ao público o día 11 de decembro pasaron polo Belén case 19.000 persoas.Este Belén pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas. Este 24 e o 31 de decembro e o próximo 6 de xaneiro, a igrexa estará aberta de 11:00 a 19:00 horas, mentres que o 25 de decembro e o 1 de xaneiro, o horario será de 18:00 a 21:00 horas. Na véspera de Reis, o 5 de xaneiro, as visitas serán de 11:00 a 21:00 horas.