ALCALDÍA

O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a Agrupación Cultural O Galo

23/12/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Agrupación Cultural O Galo, presidida por María Antonia Pérez.

Martiño Noriega tivo a oportunidade de coñecer as últimas iniciativas desta asociación compostelá, formada por veciños e veciñas de distintos barrios e parroquias. Os seus obxectivos son fomentar e pór en valor a creación cultural galega, divulgar a nosa historia, promover iniciativas sociais e pór en debate os asuntos máis destacados que nos afectan como pobo.

Compartir: