CONVIVENCIA
Resposta a unha demanda cidadá
A incorporación da rúa Otero Pedrayo ás zonas con estacionamento reservado para residentes responde a unha demanda da veciñanza. As máis de cen vivendas desta área carecen de prazas de garaxe propias, e a maioría das prazas de aparcamento en superficie están ocupadas polos traballadores dos edificios administrativos de San Caetano, fundamentalmente entre as 7:00 e as 16:00 horas. Ademais, as rúas próximas a Otero Pedrayo (en Vite, A Almáciga e Ultreia) son xa zonas verdes de estacionamento para residentes.
A delimitación da zona verde cinguirase ao ámbito comprendido entre as edificacións, xerando unhas 60 prazas para residentes. O resto da rúa manterase como zona de estacionamento libre.
Os veciños da rúa Otero Pedrayo poden solicitar as súas tarxetas de estacionamento de residentes a partir deste martes
30/11/2015 Este martes, 1 de decembro, ábrese o prazo de solicitude de tarxetas de residentes para os veciños da rúa Otero Pedrayo, que se vai incorporar ás zonas verdes de aparcamento.
Os residentes deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello, no número 4 da rúa Salvador Allende, e presentar os documentos que demostren que a persoa e o coche están empadroados en Otero Pedrayo. A tarxeta debe ser solicitada polo propietario do vehículo, segundo o permiso de circulación.Resposta a unha demanda cidadá