CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996 da man da Xunta de Galicia, e dende o ano 2001 está xestionada polo Consorcio de Santiago. A xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, será a encargada de recoller o galardón na gala que se celebrará mañá martes, 1 de decembro, no compostelán Auditorio de Galicia. A xerente manifesta que "o noso reto principal para celebrar estes primeiros vinte anos é procurar novos públicos e achegar a música clásica ás familias da área de influencia de Santiago. E, de feito, iniciamos a temporada cunha xira polos barrios da cidade en setembro, que lle encantou á xente".
Os outros premiados desta edición son Proxecto Home, o decano do Colexio de Avogados de Santiago, a Facultade de Matemáticas da USC, o Festival da Luz e o campión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya. Na gala participará o grupo de teatro Chévere, premio nacional de teatro 2014, e, entre outras personalidades, asistirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Radio Galicia-Cadena SER premia o talento da Real Filharmonía de Galicia nos seus Premios SERenidade 2015
30/11/2015 Radio Galicia-Cadena SER celebra a cuarta edición dos premios SERenidade recoñecendo o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vencelladas a Galicia. Nesta edición a emisora quere premiar de maneira especial o traballo que desenvolve a Real Filharmonía de Galicia.
Dende a emisora salientan que "a orquestra alcanza a excelencia musical no seu 20º aniversario e dende Santiago proxecta o seu traballo grazas á súa vocación internacional con xiras e concertos por todo o mundo". Nesta liña, a RFG compaxina as súas actuacións na súa sede, Santiago de Compostela, cunha presenza destacada noutras cidades galegas como Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol e A Coruña. A súa proxección nacional e internacional constátase en cidades como Bilbao, Madrid, León, Valladolid… e países como Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina e, sobre todo, Portugal.A Real Filharmonía de Galicia daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996 da man da Xunta de Galicia, e dende o ano 2001 está xestionada polo Consorcio de Santiago. A xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, será a encargada de recoller o galardón na gala que se celebrará mañá martes, 1 de decembro, no compostelán Auditorio de Galicia. A xerente manifesta que "o noso reto principal para celebrar estes primeiros vinte anos é procurar novos públicos e achegar a música clásica ás familias da área de influencia de Santiago. E, de feito, iniciamos a temporada cunha xira polos barrios da cidade en setembro, que lle encantou á xente".
Os outros premiados desta edición son Proxecto Home, o decano do Colexio de Avogados de Santiago, a Facultade de Matemáticas da USC, o Festival da Luz e o campión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya. Na gala participará o grupo de teatro Chévere, premio nacional de teatro 2014, e, entre outras personalidades, asistirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.