POLÍTICAS SOCIAIS
Vinte mulleres de entre 17 e 55 anos participan en Santiago neste programa Sara-Romí, que conta co financiamento do Instituto da Muller e do Fondo Social Europeo. Tal como explicou Eva Vera, directora territorial da Fundación Secretariado Xitano-Galicia, estas son as primeiras semanas dun programa que ten unha duración de oito meses.
Tal como explicou Romana Pérez, dinamizadora do programa, este ten tres fases, a primeira das cales é a de motivación persoal e de mellora da autoestima. Logo virán as etapas de orientación laboral e de capacitación.
Na rolda de prensa tamén estivo Pilar Camaño, quen falou en nome das 20 participantes no programa. Destacou o carácter "loitador e traballador" das mulleres xitanas e puxo exemplos da dobre discriminación que sofren en determinados ámbitos sociais e laborais, por ser muller e por ser xitana.
Vinte mulleres xitanas participan en Santiago nun programa de inclusión social e laboral
30/11/2015 As participantes no programa Sara-Romí pasaron este luns polo Pazo de Raxoi. Esta visita ao Concello forma parte das actividades de motivación persoal e de coñecemento dos recurso da cidade incluídas nesta iniciativa, realizada pola Fundación Secretariado Xitano. As 20 mulleres foron recibidas pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e tamén recibiron o saúdo do alcalde, Martiño Noriega, no salón de plenos. Logo, o programa foi presentado en rolda de prensa.
Concha Fernández puxo ás participantes no programa como "exemplo de vontade e de superación" e reiterou a apertura das portas do Concello a iniciativas como esta, que permite "formar a estas mulleres para que se incorporen sociolaboralmente e de forma activa á vida da cidade".Vinte mulleres de entre 17 e 55 anos participan en Santiago neste programa Sara-Romí, que conta co financiamento do Instituto da Muller e do Fondo Social Europeo. Tal como explicou Eva Vera, directora territorial da Fundación Secretariado Xitano-Galicia, estas son as primeiras semanas dun programa que ten unha duración de oito meses.