POLÍTICAS SOCIAIS
O sexólogo Mikel Resa estará en Santiago con motivo do Día Internacional da SIDA
28/11/2015 O sexólogo, técnico de prevención de VIH e vicepresidente da Asociación Estatal de Profesionais Sexólogos (AEPS), Mikel Resa, participará nunha mesa coloquio no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche con motivo do Día Internacional da SIDA. Será ás 18:00 horas.
A súa visita enmárcase dentro das actividades que se desenvolverán na cidade o 1 de decembro, entre as que se inclúen tres actividades para mozos e mozas, un acto simbólico no Obradoiro onde haberá un lazo de 2 x 10 m ou a iluminación do Concello de Santiago e das Torres Hedjuk.