ALCALDÍA
O alcalde lembrou no seu discurso de benvida á cidade a "importancia da cooperación con outros municipios do Estado" antes de convidar aos alcaldes e alcaldesas a firmar no libro de honra do Concello.
O alcalde recibe no Pazo de Raxoi a representantes dos concellos de Barcelona, Zaragoza, Badalona, Cádiz, Valencia, A Coruña, Ferrol, Pamplona e Oviedo
28/11/2015 Martiño Noriega recibiu no salón vermello do Concello de Santiago aos alcaldes e alcaldesas de Zaragoza, Barcelona, Ferrol, Valencia e A Coruña e a representantes dos concellos de Badalona, Pamplona, Oviedo e Cádiz.
O encontro enmárcase dentro dunha visita dos representantes municipais a Galicia. Pola mañá foron recibidos no Concello da Coruña polo alcalde do municipio, Xulio Ferreiro. Martiño Noriega e o alcaldes e alcaldesas desprazáronse en tren ata Santiago, onde foron recibidos por Martiño Noriega no Pazo de Raxoi. Á recepción estaban convidados os voceiros municipais, que escusaron a súa presenza.O alcalde lembrou no seu discurso de benvida á cidade a "importancia da cooperación con outros municipios do Estado" antes de convidar aos alcaldes e alcaldesas a firmar no libro de honra do Concello.